lunes, 24 de noviembre de 2014

Xogade - 1ª Xornada Campo a través


CAMPO A TRAVÉS – 1ª XORNADA LOCAL
CIRCUÍTO DE MONDEGO (SADA) – 29/11/2014

CATEGORÍAS
BENXAMÍN: nados nos anos 2007-2006 masculino e feminino.
ALEVÍN......: nados nos anos 2005-2004 masculino e feminino.
INFANTIL...: nados nos anos 2003-2002 masculino e feminino.
CADETE.....: nados nos anos 2001-2000 masculino e feminino.

LUGAR E DATA
Circuíto de Mondego (Sada), o sábado 29 de novembro de 2014

AUTOBÚS:

IDA: 9:30 horas, na porta do colexio da Rolda Camilo José Cela (onde paran os autobuses do colexio, a porta de arriba)

VOLTA: 14:00 horas, unha vez rematen as probas, e no mesmo sitio que para a ida.
 No autobús iran responsables cos nenos e nenas.

Se queredes mandarlles algo para comer, metédeo nunha mochila e tamén auga. A mochila mellor con nome.

As familias que queiran deberán ir pola súa conta.Deixamos aquí como chegar en coche. O colexio de Mondego, chámase CEIP PEdro Barrié de la Maza.

Ruta dende o noso colexio ao CEIP Pedro Barrié de la Maza - Quintán - Mondego (Sada)


HORARIO DAS PROBAS 1ª XORNADA

Hora
Categoría
Distancia aprox.
Voltas
11.00
 Benxamín fem.
500 m
CS + 1P + CM
11.10
 Benxamín mas.
500 m
CS + 1P + CM
11.20
 Alevín fem.
600 m
CS + 1M + CM
11.30
 Alevín mas.
800 m
CS + 1G + CM
11.45
 Infantil fem.
800 m
CS + 1G + CM
12.00
 Infantil mas.
1.200 m
CS + 1P +1G + CM
12.15
 Cadete fem.
1.200 m
CS + 1P +1G + CM
12.35
 Cadete mas.
2.600 m
CS + 1P +3G + CM



 
DISTANCIAS
CS: Cola de Saída 50 mts
CM: Cola de meta 50 mts
G: Volta Grande ABCDEFG 700 mts.
M: Volta Mediana ABCEFG 500 mts.
P: Volta Pequena ABFG 400 mts.


PERCORRIDO POR CATEGORÍAS
BF: CS + 1P + CM (500 mts)
BM: CS + 1P + CM (500 mts)
AF: CS + 1M + CM (600 mts.)
AM: CS + 1G + CM (800 mts.)
IF: CS + 1G + CM (800 mts.)
IM: CS + 1P +1G + CM (1.200 mts)
CF: CS + 1P +1G + CM (1.200 mts)
CM: CS + 1P +3G + CM (2.600 mts.)

martes, 21 de octubre de 2014

Clasificación III Carreira Popular Los Rosales

Clasificacións:

Próxima carreira: IV Carreira Popular Novo Mesoiro


Xa temos ás portas unha nova carreira na que os nosos nenos e nenas poden participar.

Se estás interesado, ven a informarte ao local da ANPA, de luns a xoves de 16:15 h a 18:00 h, e antes do martes 28 de outubro.

Será o domingo 2 de novembro.

lunes, 20 de octubre de 2014

Coruña 10. E o colexio gañador é...

Noraboa a tod@s!!! 

O material vai ser para todos os nenos e nenas que participan nas actividades deportivas da ANPA Xanela.

jueves, 16 de octubre de 2014

III Carrera Popular Los Rosales

Este domingo, 19 de outubro, participamos na III Carreira Popular Los Rosales.

Tendes que estar ás 11:00 horas na plaza eliptica na zona do parque infantil, que no plano que adxuntamos ven marcada cunha X vermella.
Vémonos o domingo!!! Non vos esquezades!!!



sábado, 11 de octubre de 2014

Coruña 10

O pasado domingo 5 de outubro tivemos a ocasión de participar en Coruña 10 con moitos dos nosos pequenos atletas. Foi unha mañá chea de grandes desafios para algúns e para outros a súa primeira mañá de carreira. Velahí algunha foto do evento.
Agora hai que esperar a ver quen foi o colexio que máis participantes tiña...



lunes, 2 de junio de 2014

RANKING GALEGO ESCOLAR TEMPADA 2013 - 2014


Xa chegaron a súa fin as competicións de Atletismo en pista nas que participamos este curso.

A derradeira proba para nós foi o Campionato Provincial celebrado o 24/05/2014 na Pobra do Caramiñal

Ao campionato galego, a celebrar en Vigo o próximo sábado, so poden ir os atletas federados na Federación de Atletismo, e nós so estivemos inscritos en Xogade - Deporte Escolar. 

Deixamos aquí o ranking galego para que vexades as mellores marcas entre as que destacamos:

Temos atletas en todas as categorías agás na de Mulleres Infantil

Dende aquí animamosvos a que participendes nas nosas Olimpiadas a celebrar o 19 de xuño no colexio.

Participa!!!

HOMES :

INFANTIL

ALEVIN

BENXAMIN

MULLERES :

INFANTIL

ALEVIN

BENXAMIN