jueves, 4 de diciembre de 2014

Xogade - 2ª Xornada de Campo a través. Sábado 13 de decembro


CAMPO A TRAVÉS – 2ª FASE LOCAL OS MENHIRES-TORRE DE HÉRCULES

CATEGORÍAS

BENXAMÍN: nados nos anos 2007-2006 masculino e feminino.
ALEVÍN......: nados nos anos 2005-2004 masculino e feminino.
INFANTIL...: nados nos anos 2003-2002 masculino e feminino.

LUGAR E DATA


Zona Menhires-Torre de Hércules (A Coruña), o sábado 13 de decembro do 2014


INSCRICIÓN

A inscrición dos atletas participantes nesta 2ª Fase de Campo a Través Escolar, farase antes do martes 9 de decembro do 2014. Neste caso, como é na cidade, non haberá autobús. 

Debemos estar alí media hora antes do comezo da proba, na rotonda próxima á saída (no mapa marcada cun X vermello).

HORARIO DAS PROBAS 2ª XORNADA


HORA
DISTANCIA
APROX.
VOLTAS
CATEGORIAS
10:30
550 m.
Volta mini corte B
Benxamín feminino
10:40
550 m
Volta mini corte B
Benxamín masculino
10:50
684 m.
Volta mini corte C
Alevíns feminino
11:00
894 m.
SAIDA +volta corte A
Alevíns masculino
11:10
894 m.
SAIDA + volta corte A
Infantil feminino
11:20
1688 m.
SAIDA  + 2 voltas corte A
Infantil masculino


A volta mini sairá en dirección aos Menhires dende as inmediacións da meta. Dará volta onde lle corresponde (corte B ou C) e volverá polo corte A en dirección á meta entrando en contra sentido

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Resultados 1ª Xornada de Campo a Través do sábado 29/11/2014 (Sada)

Deixamosvos os resultados oficiais, facilitados pola federación galega de Atletismo, da 1ª Xornada de Campo a Través que tivo lugar o pasado sábado 29/11/2014, no circuíto de Mondego (Sada)

Para a Fase Intercomarcal clasificanse desta xornada, os oito primeiros atletas e os 2 primeiros equipos de cada categoría e sexo.

Modificaron os resultados, pero a os nosos atletas non lles afectaron as modificacións

Ademáis xa temos os clasificados para a fase Intercomarcal de campo a Través da Comarca Coruña-cidade, desa 1ª Xornada de Campo a Través. Para a Fase Intercomarcal clasificanse desta xornada, os oito primeiros atletas que non formen parte dos equipos (poñemos en cor vermello e INDV,) os clasificados individuais, e os 2 primeiros equipos de cada categoría e sexo.


Noraboa a Claudio, que se clasificou na categoría Alevín Masculino!